Eventos de El Corte Inglés Vigo

X Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2026 en El Corte Inglés Vigo

  • Data: Del 16 de marzo al 30 de abril
  • Horario: de 10:00 a 20:00
X Premio Literario Illa Nova de Narrativa 2026

Editorial Galaxia, coa colaboración de El Corte Inglés no seu apoio a cultura galega, convoca a décima edición do Premio Literario llla Nova de Narrativa 2026 para autores e autoras menores de 35 anos.

En 1957 Editorial Galaxia botou a andar a colección llla Nova coa que pretendían dar continuidade ao seu proxecto da editorial a través das novas xeracións sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán e Carlos Casares foron algúns de­ses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega".

Con esta mesma finalidade, de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, en 2017 nacía o Premio llla Nova de Narrativa que este ano chega a súa décima edición.

O Premio Illa Nova de Narrativa consolídase así como unha iniciativa de apoio á creación literaria en galego e ao recoñecemento de autores e autoras novas, ao tempo que reforza a colaboración entre dúas entidades comprometidas coa difusión da cultura galega.

Este premio concederase de acordo coas seguintes BASES:

  1. Poderán optar ao premio as persoas que non superen os 35 anos na data de finalización do prazo de admisión de orixinais.
  2. As obras presentadas estarán escritas en lingua galega, conforme á normativa vixente. Serán orixinais, rigorosamente inéditas total ou parcialmente, e que non fosen pre­miadas en ningún outro certame, nin en parte nin na súa totalidade. Ademais, na súa creación non se pode empregar ningunha clase de IA xenerativa, circunstancia que se acreditará cunha declaración xurada da orixinalidade da obra, autoría e non uso de IA xenerativa na súa redacción.
  3. Poderán concorrer novelas ou conxuntos de relatos cunha extensión mínima de 150.000 caracteres con espazos. Os autores deberán Facer constar na ultima páxina anexa o número total de caracteres, con espazos, do seu orixinal. Deberán enviarse seis copias impresas, encadernadas ou cosidas, acompañadas dun pendrive no que se incluirá a obra en Formato PDF ao enderezo: Premio llla Nova de Narrativa Editorial Galaxia.Travesía de Vigo, 71, soto, 36206-Vigo. O prazo de admisión de orixinais pecharase o 30 de abril de 2026.
  4. Os orixinais asinaranse cun pseudónimo e un lema, que aparecerán tamén no exterior dun sobre que debe conter no interior os seguintes datos: nome, apelidos, enderezo, Fotocopia do DNI e teléfono de contacto, así como a declaración xurada indicada na base 2ª.
  5. O xurado estará composto por persoas do mundo cultural e literario galego. Sempre que sexa posible, comporase de catro membros e un secretario ou secretaria en re­presentación de Editorial Galaxia, con voz e voto.
  6. O premio outorgarase á obra que, por unanimidade ou, no seu defecto, por maioría de votos, sexa considerada merecedora da distinción. O xurado pode declarar o premio deserto. Se o considerase oportuno o xurado poderá destacar unha obra como finalista, abrindo plica corresponden te á obra e, se a persoa autora o permite, darase a coñecer o seu nome e título, obra que será publicada por Editorial Galaxia, asinando co seu autor/a un contrato de edición estándar rendendo o 1 O por cento de dereitos de autor.
  7. A decisión do xurado será inapelable e Farase pública no mes de xullo de 2026.
  8. Entregarase un único premio, indivisible, de 3.000 euros (suxeitos ás retencións fiscais corresponden tes). A cantidade recibida computará en concepto de adianto de dereitos de autoría da edición da obra gañadora.
  9. A obra premiada, así como a finalista, se a houbese, editarase e comercializarase por Editorial Galaxia e a primeira presentación será nun dos centros comerciais de El Corte Inglés de Galicia.
  10. Os orixinais non premiados serán destruídos.
  11. Editorial Galaxia reserva, durante o prazo de 3 meses a partir do día en que se Faga pública a decisión, o dereito de adquisición preferente da edición de calquera obra presentada ao premio que, sen alcanzar o galardón, sexa considerada de interese, previa subscrición do oportuno contrato entre as partes.
  12. A participación no premio implica a plena e total aceptación destas bases.

Categorías: Cultura

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23

Edificio 1

C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111

Edificio 2

C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111