Eventos de El Corte Inglés Vigo

Aberta a inscrición para a Vigo en Marcha contra o Cancro en El Corte Inglés Vigo

  • Data: Del 18 de agosto al 15 de outubro
  • Horario: de 10:00 a 22:00
Aberta a inscrición para a Vigo en Marcha contra o Cancro

A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo organiza, o domingo 18 de outubro de 2026, a primeira edición da marcha/proba deportiva “Vigo en marcha contra o cancro”, a beneficio desta entidade e co obxectivo de apoiar a investigación contra o cancro.

O percorrido contará con tres modalidades:

  • - Andaina: distancia de 5 km. Saída ás 11:15 horas.
  • - Carreira 5K: non competitiva. Saída ás 11:15 horas.
  • - Carreira 10K: competitiva. Saída ás 10:00 horas.

A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo organiza esta marcha/proba deportiva co fin de destinar todo o recadado a financiar programas gratuítos de Prevención, Atención Psicolóxica e Social, Logopedia, Fisioterapia e Exercicio Físico Oncolóxico, acompañamento a pacientes e familiares, ademais de fomentar e apoiar proxectos de INVESTIGACIÓN en cancro.

Andaina e Carreira 5K

Proba de carácter lúdico‑deportivo e non competitivo. Aberta a todas as persoas que queiran colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro. Saída ás 11:15.

Carreira 10K

Proba competitiva aberta á participación de persoas maiores de 16 anos. Saída ás 10:00.

Entrega de dorsais e camisetas

Terá lugar os días 16 e 17 de outubro na planta 4ª de El Corte Inglés Vigo no seguinte horario:

  • - Venres 16 de outubro: de 17:00 a 21:00 horas.
  • - Sábado 17 de outubro: de 10:00 a 21:00 horas.

Tamén se realizará a entrega o propio día da carreira (domingo 18 de outubro) exclusivamente para as persoas que veñan de fóra de Vigo. A entrega farase de 8:30 a 10:30 horas nos soportais da porta principal de El Corte Inglés Vigo.

Percorrido

Rúa Venezuela á altura do número 34 – Pizarro – Travesía de Vigo – Vía Norte – Urzaiz – Príncipe – Porta do Sol – Elduayen – Paseo de Alfonso XII – Falperra – Cachamuíña – Ronda Don Bosco – Enrique Blein Budiño – Venezuela ata o punto de saída.

Inscricións

Toda a recadación destinarase á financiación de proxectos de investigación oncolóxica e servizos gratuítos para pacientes oncolóxicos e familiares.

Adultos:

  • - Inscrición ANDAINA (17 anos en diante): 10 € con camiseta sublimada.
  • - Inscrición CARREIRA 5K: 10 € con camiseta sublimada.
  • - Inscrición CARREIRA 10K (16 anos en diante): 13 € con camiseta sublimada.

Nenos:

  • - Inscrición de 4 a 16 anos ANDAINA: 8 € con camiseta sublimada.
  • - Inscrición de 4 a 16 anos CARREIRA 5K: 8 € con camiseta sublimada.
  • - Inscrición de 0 a 3 anos: gratuíta (non inclúe camiseta).

As inscricións poderán realizarse na sección de Deportes, situada na cuarta planta de El Corte Inglés Vigo, ata o 15 de outubro. Agardámoste!

Categorías: Deporte, Acción solidaria

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23

Edificio 1

C/ Gran Vía, 25, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111

Edificio 2

C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111