Eventos de El Corte Inglés A Coruña
Volta ao cole solidaria con Cáritas en El Corte Inglés A Coruña
- Data: Del 29 de xullo al 25 de setembro todos os días con apertura
- Horario: de 10:00 a 22:00
Un ano máis, Cáritas Coruña pon en marcha a súa campaña de material escolar para que nenas e nenos de familias en situación de exclusión poidan ter a oportunidade de desenvolver a súa educación en igualdade de condicións co resto.
Ata o 25 de setembro, El Corte Inglés colabora con esta iniciativa solidaria. A clientela poderá facer achegas económicas nos departamentos de Volta ao Cole (libraría, papelería e uniformes) do centro da Coruña.
Con estas achegas económicas Cáritas adquirirá material escolar segundo as súas necesidades. El Corte Inglés realizará unha achega adicional equivalente ao 10% da recadación obtida.
A túa axuda dará apoio a familias da cidade con fillos en idade escolar que non contan con axuda pública para este fin.
A solidariedade demostrada desde que Cáritas Coruña lanzou esta iniciativa en 2017 fixo posible dotar ás familias de artigos imprescindibles para o curso escolar. Cáritas pretendeu con esta axuda completar a dotación de libros de texto e material escolar básico do Fondo Solidario, con calzado, roupa deportiva, mandilóns, estoxos, mochilas e material escolar complementario.
Pola igualdade de oportunidades. Por unha escola inclusiva.
Categorías: Libros, Nenos, Acción solidaria
Como chegar
Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa
- En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A