Eventos de El Corte Inglés A Coruña

XIII Carreira Enki pola Inclusión en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: Del 14 de setembro al 17 de outubro todos os días con apertura
  • Horario: de 10:00 a 22:00
XIII Carreira Enki pola Inclusión

A carreira máis divertida e solidaria de Galicia está de volta na que será a súa undécima edición! A cita será o sábado 17 de outubro en horario de tarde.

A XIII Carrera pola Inclusión é unha proba lúdica de obstáculos, cun percorrido urbano de aproximadamente 2,5km. Trátase dunha cita única en Galicia que naceu en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, que, a través do xogo, promove a inclusión e a visibilización de colectivos e persoas con diversidade funcional así como o respecto e a educación na diversidade.

A carreira está aberta a todos os públicos; nenos/as sen idade mínima, familia, deportistas e non deportistas, homes, mulleres, persoas con mobilidade reducida, atleta, etc. Calquera persoa que queira desfrutar e participar dunha carreira lúdica.

Os obstáculos estarán distribuídos ao longo de todo o percorrido, accesibles, non obrigatorios no caso de que non queiran traspasarse e libres de alerxia (fariña sen glute). Nos días previos ao evento difundirase información acerca dos obstáculos. En todos os obstáculos, ademais, haberá un equipo de voluntariado para apoiar, axudar e dinamizar o obstáculo. Supervisarase o correcto desenvolvemento e velarán pola seguridade das participantes durante da proba.

INSCRICIÓNS PRESENCIAIS

  • - Desde o 4 de setembro, ás 12.00 horas
  • - Departamento de deportes del Corte Inglés A Coruña.
  • - Ata esgotar prazas

PREMIOS

Ao tratarse dunha carreira non competitiva, os premios simbólicos, entregaranse de acordo coas seguintes categorías para aquelas participantes que se inscriban como EQUIPO:

  • - Equipo máis numeroso.
  • - Equipo con disfrace máis orixinal.
  • - Equipo máis animado.

Para entidades e centros educativos establécense premios específicos de acordo ás bases específicas publicadas para cada unha.

A carreira ENKI é unha cita única en Galicia. Nace en 2014 como unha proba lúdica, non competitiva, apta para todas as idades e condicións que, a través do xogo, promove a inclusión e a visualización de colectivos e persoas con diversidade funcional, así como o respecto e a educación na diversidade.

Máis información en Carrera Enki. Esperámoste!

Categorías: Nenos, Deporte, Acción solidaria

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400