Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela
Día Mundial do Teatro. Charla–taller co dramaturgo Carlos Labraña en El Corte Inglés Santiago de Compostela
- Data: El 25 de marzo
- Horario: de 11:30 a 12:30
- Prezo: 0.00 €
No marco da celebración internacional do teatro, conmemorando o Día Mundial das Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade (20 de marzo) e o Día Mundial do Teatro (27 de marzo), Ámbito Cultural de Santiago organiza unha actividade especial destinada a achegar o teatro aos máis novos.
- Mércores 25 de marzo · 11:30 h
- Sala Ámbito Cultural · Planta baixa
O encontro estará dirixido por Carlos Labraña, un dos dramaturgos galegos máis destacados no ámbito do teatro infantil e xuvenil. Con máis de cincuenta libros publicados e unha extensa traxectoria recoñecida con premios como Folla Novas, Manuel María, Barriga Verde, Facho, Xeración Nós, Estornela ou SGAE, Labraña compartirá cos participantes a súa experiencia e a súa maneira de entender a creación dramática.
O obxectivo é achegar o teatro aos escolares mediante unha sesión lúdica, participativa e formativa que permita ao alumnado descubrir a literatura dramática desde dentro: escoitándoa, interpretándoa e gozándoa.
A esta sesión asistirán alumnos do Colexio Alca, convidados especialmente para participar nesta actividade vivencial. O pano ábrese… e o mundo cambia un instante.
O pano ábrese… e o mundo cambia un instante.
Categorías: Cultura, Libros, Nenos
Como chegar
Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa
- En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,