Esdeveniments en El Corte Inglés Vigo

Homenaje a María do Carmen Krukenberg y presentación de la Biblioteca 75 anos de la Editorial Galaxia de El Corte Inglés Vigo

  • Data: Els 21 d’abril
  • Horari: de 20:00 a 21:00
Homenaje a María do Carmen Krukenberg y presentación de la Biblioteca 75 anos de la Editorial Galaxia

O martes 21 de abril ás 20.00 horas a libraría de El Corte Inglés de Vigo acollerá a presentación BIBLIOTECA 75 ANOS, unha colección que lanza a Editorial Galaxia co gallo do seu 75 aniversario, coa intención de recuperar o espírito transformador que a caracterizou desde a súa fundación en 1950.

A colección comprende dez títulos de poesía, narrativa, ensaio e literatura popular. O primeiro libro desta colección é As poetas da colección Salnés, onde está recollida unha obra de MARIA DO CARMEN KRUKENBERG, a que se lle fará unha homenaxe neste mismo acto no centenario do seu nacemento a propósito desta publicación. As poetas da colección Salnés  pon en valor e recupera as voces das mulleres poetas da primeira metade da década dos anos sesenta do século XX.

Neste acto intervirán Dolores Vilavedra e Patricia Arias Chachero, directoras desta colección, e Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia.

Galaxia recupera con esta colección o espírito innovador que a editorial demostrou nas súas publicaciósn desde 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI algunhas obras que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, da súa sociedade.

A revisión dese catálogo histórico quere ser unha redescuberta do espírito transformador que impulsa a editorial desde a súa fundación. Poesía e narrativa, si, mais tamén, naqueles tempos incertos de censura, ensaios de música, arte, filosofía, guías, manuais, escolmas de cultura popular, revistas culturais, como Grial, ou de economía. Non había saber ou coñecemento que fose alleo ás publicacións de Galaxia, que estaba reconstruíndo os esteos do noso país en todos os ámbitos coa firmeza da paixón, do entusiasmo e da militancia cultural.

Categories: Cultura

Com arribar

Obert avui de 10:00 a 22:00 Horaris detallats i dies festius

  • Amb bus: Líneas: C1-L8-L13-L14-L17-L18-L23

Edifici 1

C/ Gran Vía 25, Vigo,Pontevedra

986 415 111

Edifici 2

C/ Gran Vía, 28, 36203 Vigo, Pontevedra

986 415 111