Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela
Festas do Apóstolo 2026 – XLVII edición do Día do Traxe Galego en El Corte Inglés Santiago de Compostela
- Data: Del 9 de xullo al 26 de xullo todos os días con apertura
- Horario: de 10:00 a 22:00
- Prezo: 0.00 €
El Corte Inglés colabora un ano máis coas Festas do Apóstolo, reafirmando o seu compromiso coas principais iniciativas culturais e tradicionais de Santiago de Compostela.
Dentro deste apoio á programación festiva da cidade, a compañía patrocina a XLVII edición do Día do Traxe Galego, que terá lugar o 26 de xullo. Unha xornada na que o traxe tradicional galego volverá percorrer as rúas do casco histórico compostelán e que culminará co desfile e coa entrega de premios na Praza da Quintana.
Ademais, El Corte Inglés de Santiago pon á disposición das persoas interesadas un punto de información sobre o concurso no Servizo de Atención ao Cliente, situado no soto 1. Alí poden consultarse as bases, recoller os formularios de inscrición e resolver calquera dúbida relacionada coa participación no certame. As inscricións permanecerán abertas até o 19 de xullo.
Organizado pola Asociación do Traxe Galego e o Concello de Santiago de Compostela, o concurso contempla categorías de traxes de home, traxes de muller e grupos de máis de dez persoas. Os traxes participantes serán valorados por un xurado especializado na Hospedaría de San Martín Pinario antes do desfile final polas rúas de Compostela.
Unha oportunidade única para achegarse a unha das manifestacións máis singulares da cultura popular galega e contribuír á conservación e difusión do noso patrimonio tradicional.
Categorías: Cultura
Como chegar
Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa
- En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,