Eventos de El Corte Inglés A Coruña

XII Andaina solidaria A Coruña en marcha contra o cancro en El Corte Inglés A Coruña

  • Data: Del 14 de maio al 5 de xuño todos os días con apertura
  • Horario: de 10:00 a 22:00
XII Andaina solidaria A Coruña en marcha contra o cancro

A Asociación Española Contra o Cancro e a Deputación da Coruña organizan a XII edición da andaina solidaria "A Coruña en Movemento contra o Cancro", unha andaina de 5 quilómetros que terá lugar o vindeiro 8 de xuño, a partir das 10:00 horas.

O percorrido comeza e remata na zona do Obelisco. Dende alí camiñaremos cara a Avenida da Mariña, Avenida do Porto da Coruña, Ánimas, seguindo o Paseo Marítimo Alcalde Francisco Vázquez cara á rotonda de Beiramar onde xiraremos para regresar polo mesmo percorrido ata a meta na zona do Obelisco.
Ven a celebrar un día coa túa familia, amigos e veciños para apoiar a loita contra o cancro. Ademais da andaina solidaria, haberá actividades para os máis pequenos, Zumba solidaria, sorteos, e máis sorpresas!

Ven a camiñar contra o cancro, polos milleiros de enfermos, polas familias, pola investigación, por un futuro cheo de esperanza...

INSCRICIÓN

A inscrición presencial pódese facer na Concellería de Deportes de El Corte Inglés da Coruña, do 14 de maio ao 6 de xuño.

COTA DE INSCRICIÓN*

  • - Carreiras Junior 5€
  • - Carreira Adultos 10€

Máis información: corunaenmarchacontraocancro.com.

*Os fondos recadados a través desta iniciativa destinaranse á investigación do cancro e a seguir ofrecendo os programas e servizos gratuítos da Asociación Española Contra o Cancro na Coruña.

Categorías: Acción solidaria, Saúde

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 2-12-20-21-23-23A

Edificio 1

Rúa Ramón y Cajal, 57 15006 A Coruña

981 189 400