Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela

Presentación do libro “Un mar de preguntas” en El Corte Inglés Santiago de Compostela

  • Data: El 5 de xuño
  • Horario: de 19:30 a 20:30
  • Prezo: 0.00 €
Presentación do libro “Un mar de preguntas”

Javier García Galdo presenta en El Corte Inglés Santiago de Compostela o seu último libro “Un mar de preguntas”.

Será o xoves día 5 de xuño, ás 19:30 horas, na sala de Ámbito Cultural, situada na planta baixa do noso centro.

O autor estará acompañado por Xusto López Carril, do programa da TVG "Mar de Ardora" e autor do prólogo.

O libro está ilustrado por Roque Araújo Rey.

Sinopse

Para que serve unha balea? Canta forza ten o mar? Cantas especies habitan os océanos? Porque soben e baixan as mareas? 

Estas e moitas outras preguntas teñen resposta neste libro sobre o mundo mariño, con ilustracións que espertarán a túa imaxinación e explicacións claras e sorprendentes baseadas no rigor da ciencia e do que hoxe coñecemos do mar. 

En cada páxina aprenderás algo sobre os misterios do grande azul e comprenderás por que debemos coidalo. 

Empápate coas súas páxinas para poder coñecer, amar e conservar os nosos mares.

A presentación do libro faise coincidir co Día Mundial do Medio Ambiente. Esperámoste!
 

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Edificio 1

Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

981 527 200