Eventos de El Corte Inglés Santiago de Compostela

Exposición 'O herbario de Rosalía' en El Corte Inglés Santiago de Compostela

  • Data: Del 5 de maio al 31 de maio todos os días con apertura
  • Horario: de 10:00 a 22:00
  • Prezo: 0.00 €
Exposición 'O herbario de Rosalía'

Maio é o mes das flores e das Letras Galegas, e Ámbito Cultural El Corte Inglés Santiago de Compostela, en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, ofrece a simbiose perfecta coa exposición O herbario de Rosalía.

Un percorrido pola obra de Rosalía de Castro na que nos mostra as flores e as plantas que aparecen na extensa obra dunha das figuras máis recoñecidas da cultura galega.

A exposición xurdiu dun proxecto de investigación da Universidade de Santiago de Compostela, dirixido por María Isabel Fraga Vila, profesora de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, que se levou a cabo en varias fases: estudo da obra e identificación das especies de flores e plantas mencionadas na súa obra; recollida de flores e plantas nos lugares rosalianos e montaxe de 150 láminas que compoñen a exposición, que van acompañadas de etiquetas que inclúen citas das obras.

O herbario de Rosalía non é un herbario científico, é un herbario literario. Unha homenaxe á obra de Rosalía e á unión da literatura coa natureza, que pretende ser unha aproximación ao herbario que Rosalía puido facer nos paseos que tanto lle gustaban e que inspiraron a súa obra.

Componse de 5 series: rosas, herbas do campo florido, herbiñas del camposanto, árbores e "outras flores, plantas e especies comestibles", e cada sección consta de 8 imaxes.

Complétase cun vídeo cun recitado profesional dos versos de Rosalía e a proxección de tódalas as imaxes da exposición. Para este proxecto realizouse un traballo fotográfico de gran calidade, obra de Miguel Fraga Vila.

 

A mostra chega a Santiago de Compostela tras percorrer diversas cidades españolas, entre elas Madrid e Xixón. A exposición estará aberta ao público do 5 ao 31 de maio na Sala Ámbito Cultural de El Corte Inglés de Santiago de Compostela, en horario comercial, de luns a sábado, de 10 a 22 horas.

Categorías: Cultura, Libros

Como chegar

Aberto hoxe de 10:00 a 22:00 Horarios detallados e días de festa

  • En bus: Líneas: 6, 12, C5, C6, P3,

Edificio 1

Rúa do Restollal, 50 15702 Santiago de Compostela, A Coruña

981 527 200